Comercio, Comunicacións Directiva, Urbanismo

Onde Está O “Plan Rúa”?


Estado dos ferros da glorieta axardinada. (Verea Polvorín)

A Asociación de Veciñas e Veciños das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, a través do seguinte comunicado, denuncia o estado de abandono que sofren Verea do Polvorín e Rúa Areal. Un abandono que repercute negativamente na calidade de vida da nosa veciñanza e do noso comercio tradicional.

En primeiro lugar, denunciamos o penoso estado dos ferros da glorieta axardinada que se atopa en Verea do Polvorín. Uns ferros que, pola súa situación, supoñen un perigo para as veciñas e veciños do noso barrio.

En segundo lugar, criticamos o abandono que sofre o edificio situado no nº 15 da Rúa Areal onde xa podemos asegurar que se trata dun problema de saúde pública posto que as moreas de lixo, o cheiro e as ratas fan do lugar un foco de infeccións. Apuntar que dito edificio está ao carón dun local onde, cada día, cativas e cativos acoden a clases de pasantía.

Edificio Nº15 (Rúa Areal)

A nosa entidade veciñal faise a seguinte pregunta: onde está aquel “Plan Rúa” tan publicitado nos medios de comunicación? Cando pensa o Goberno Municipal atender ás demandas veciñais?


Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: