Comunicacións Directiva

Editorial – UNIÓN VECIÑAL: FORZA E COMPROMISO!


Alberte Fernández Mariño, Presidente.Estimada veciña, estimado veciño:

Nos tempos de crise actuais, onde a taxa de desemprego aumenta de maneira incesante na nosa terra, onde a maioría loitamos por sacar adiante as nosas familias e onde os gobernos de quenda aplican as mesmas políticas a todo: recortes (sanidade, educación, servizos sociais…); a nosa entidade non pode permanecer allea nin impasíbel e debe tomar partido dunha maneira social e política que defenda os intereses de todas e todos vós, loitando día a día para evitar a crise social e o drama humano que se agocha tralas cifras das estadísticas e as novas dos medios de comunicación.

Xa non serve mirar para outro lado cando a miseria e as dificultades chaman á porta veciña. É a solidariedade eixo fundamental e resposta necesaria á crise social que estamos a vivir. Unha crise social que nos impulsa a seguir traballando de maneira incansábel para que a Asociación de Veciñas e Veciños das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules manteña a sona de ser o colectivo veciñal máis comprometido e respectado da cidade da Coruña.

Mais nesta loita sabemos que non estamos soas nin sós. Agora, máis que nunca, precisamos da unión da xente. Acumulando as forzas precisas poderemos deter o imparábel abuso dos poderes capitalistas, causantes desta crise, e as políticas reaccionarias que estamos a padecer actualmente.

Sabemos que o camiño non é nin será sinxelo. A acumulación de forzas, a unión, precisa dun compromiso persoal baseado na solidariedade humana e no posicionamento firme na crenza dun ideal común: o dereito inalienábel a unha vida digna na nosa terra, nos nosos barrios.

Unha solidariedade e un ideal que fuxa das xenreiras e do caciquismo histórico no que aínda viven instaladas certas persoas que non dubidan en amedrentar a quen lles faga fronte, antepoñendo o interese persoal ao colectivo.

Pero isto, veciñas e veciños, rematou!! Xa é hora de frear o abuso!! Foron a unión e a forza as que fixeron que o concelleiro, agora en Madrid, Juan de Dios Ruano tivera que recibirnos no seu despacho no Pazo de María Pita, foron a unión e a forza as que fixeron saír ás rúas a máis de trescentas persoas en defensa das traballadoras e traballadores da Torre e pola reapertura da mesma, foron a unión e a forza as que fixeron paralizar a tala das árbores até que non se celebrase unha asemblea aberta informativa e de decisión e deben ser a unión e a forza as que guíen o noso camiño de aquí en adiante.

O respecto non o agasalla ninguén, debemos merecelo e acadalo. Por iso o compromiso real debe seguir sendo o eixo fundamental do traballo da nosa directiva. Non estades soas nin sós. Chamádenos e camiñaremos conxuntamente cara un futuro mellor.

Desexo rematar dando as grazas por ter confiado en nós nun momento tan difícil historicamente. Coa vosa participación, coas vosas denuncias e o voso apoio, co voso amor aos barrios nos que vivides construiremos un futuro mellor, un futuro na Coruña e na Galiza.

Non defraudaremos. Avante!!

Alberte Fernández Mariño

Presidente Asociación Veciñas e Veciños

Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: