Comercio, Comunicacións Directiva, Ecoloxía

MÁIS DE 300 PERSOAS MARCHAN POLA REAPERTURA DA TORRE


Cabeceira Da Manifestación Pola Reapertura da Torre.

Oscar López, representante das traballadoras e traballadores da Torre de Hércules.

O pasado Domingo 22 de Abril os barrios das Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules deron unha lección de dignidade ao Goberno Municipal cando máis de 300 persoas marcharon polas rúas ao berro de “Reapertura Xa!”, “Pola Nosa Torre, Nin un paso atrás”, “Traballadores readmisión” e “A Torre Non É Patrimonio do PP”.

A marcha, que partiu do Breogán ao pé do faro, percorreu a Avenida de Navarra, Rúa da Torre, Campo da Leña e baixou até o Pazo de María Pita onde Xurxo Souto presentou ao voceiro das traballadoras e traballadores do faro, Oscar López, que procedeu á lectura dun manifesto no que pediron unha solución ao conflito que xa vai para cinco meses e que se atopan cun futuro incerto logo de non ser subrogadas/os nos seus postos de traballo.

O último en falar foi Alberte Fernández Mariño, presidente da nosa entidade, que chamou á solidariedade nos tempos duros que estamos a vivir actualmente e ao compromiso de todas e todos na defensa dos nosos dereitos veciñais. Tamén comunicou que, de non ser escoitadas as demandas, continuaría a loita nas rúas con máis mobilizacións.

[blip.tv http://blip.tv/play/hptJgvTPAwI?p=1 width=”480″ height=”300″]

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: