Comunicacións Directiva, Ecoloxía

Monte Alto – Monte Pindo: Unidos Pola Mesma Terra.


Lobecos do Grupo Scout Nyeri no momento de botar terra ao carballo.

Xa é oficial. O pasado Sábado 17 de Marzo, o Monte Alto e o Monte Pindo (Carnota) ficaban irmandados a través dun emotivo acto no Campo de Marte, onde non faltou o grupo de música tradicional da Asociación Deportiva – Cultural Palavea Bravú.

A cerimonia, oficiada polo noso Diplomático Xurxo Souto, estivo marcada por unha choiva precisa logo da seca deste inverno que agasallou seu frescor ao noso carballo. Os colectivos participantes foron o Grupo Scout Nyeri, o Sporting Coruñés, o Monte da Estrela (Arteixo), Comités, Plataforma Monte Pindo Parque Natural, ADEGA, Galiza Nova Costa da Morte, Asociación Deportiva – Cultural Palavea Bravú, Bloque Nacionalista Galego, Galiza Nova A Coruña, a veciñanza e a nosa propia asociación.

Momento da Palestra sobre o Monte Pindo. Na Mesa (esqueda a dereita): Alberte Fernández (AVV Atochas – Monte Alto); Mario Maceiras e Xilberto Caamaño (Monte Pindo Parque Natural)

Finalmente, logo de falar Xilberto Caamaño (Plataforma Monte Pindo) e Alberte Fernández Mariño (Presidente AVV Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules) descubriuse unha placa que ficará para a posterioridade:

Este carballo é a amizade entre os/as que estamos, agora e sempre, unidos pola mesma terra.”

Monte Alto (A Coruña) –  Monte Pindo (Carnota)

GALIZA

A Coruña, 17 Marzo 2012

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: