Comunicacións Directiva, Ecoloxía, Urbanismo

Reivindicacións Veciñais!


Carta Convocatoria Asemblea Aberta

O pasado Xoves 26 de Abril celebrouse no local da Asociación Veciñal unha asemblea aberta onde informamos do plan do Goberno Municipal de talar cinco árbores do Campo de Marte.

Dita asemblea estaba programada para as 19:30 en primeira convocatoria coa presenza de dúas técnicas municipais e para as 20:00 en segunda convocatoria.

A presencia veciñal foi importante igual que a participación no debate.

As decisións acordadas no referente a este asunto foron as seguintes:

1) Permitirase a tala das árbores marcadas pero denunciando a neglixencia municipal.

2) Non toleraremos máis talas e loitaremos para que as árbores enfermas sexan tratadas e curadas.

3) Anuncio de mobilizacións no caso de que CESPA ou o Concello da Coruña pretenda talar as existentes.

4) Eliminar o asfalto e modificalo por elementos que permitan o desenvolvemento das árbores e a penetración da auga na terra.

Un dos momentos da asemblea

Tamén houbo rogos e preguntas que serán atendidas pola nosa entidade veciñal:

1) Arranxo e ampliación da zona de xogos infantís do Campo de Marte. Instalación de elementos biosaudabeis.

2) Denuncia polo desleixo do Goberno Municipal na contorna da Torre de Hércules: vertedoiro incontrolado na zona de Taller 7, infravivendas, aparcadoiro ilegal de coches na estrada peonil ao carón dos Campos da Torre co permiso do 092, o estado actual da Rosa dos Ventos por mor da queima dunha moto e o estado de abandono do Cárcere da Torre.

3) Mellora dos servizos públicos do Campo de Marte.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Concello da Coruña

Horarios Buses Coruña

Centro Información Xuvenil

%d bloggers like this: